quarta-feira, 27 de março de 2019

REGA DE CARBALLOS E INTERCAMBIO DE SEMENTES

Amighxs, o próximo Domingo 31 de Marzo ás 17h. no palco da Siradella, quedada para revisar e regar os carballos. E tamén mesa de intercambio de sementes procedentes do grupo de traballo do banco de sementes. Saúde.

sábado, 23 de março de 2019

GRUPO DE GUERRILLA CONTRA A VESPA VELUTINA

Amighxs, o próximo Sábado 30 de Marzo ás 17:30h. comezamos a segunda temporada do "grupo de guerrilla contra a vespa velutina". Como primeira nova estreamos lugar de reunión: Meloxo 90. Saúde.

quarta-feira, 20 de março de 2019

X FESTIVAL DA SIRADELLA

Amighxs, xa temos data para o X Festival da Siradella apuntade, 7 e 8 de Xuño. Saúde.

BANCO DE SEMENTES

Rapazada, o grupo de traballo do banco de sementes da Figheira do Meco Asc., reúnese tódolos MARTES e XOVES ás 18h. O lugar, a Carretera do Conde na horta antes do ferreiro. As quedadas comezan mañá xoves con reunión e refrixerio. 🤟😄

segunda-feira, 18 de março de 2019

PLANTA DE CARBALLOS NA SIRADELLA

Rapazada, mañá martes 19/03 ás 16h. a Figheira Meco organiza un grupo de traballo de cara unha planta de carballos no Monte Siradella (en concreto no recinto do Festival da Siradella). Acudide botar un cabo, teremos charla informativa e un refrixerio. Saúde.