quinta-feira, 19 de maio de 2022

FESTIVAL "INDOOR"

 Rapazada, o próximo sábado 4 de xuño faremos un Festival da Siradella "indoor". Pronto máis info. Apuntade a data!

segunda-feira, 9 de maio de 2022

SEMENTAR SEMENTAREI 2022. Fotos e agradecementos.

 Gran xornada o sábado no Sementar Sementarei 2022 organizado polo Taller triscal donde disfrutamos de talleres, charlas, mesa de intercambio de sementes, das bioconstruccións e do concerto de Davizin Lasliaspardiñas Improvisóns. Graciñas a todxs!!





terça-feira, 26 de abril de 2022

SEMENTAR SEMENTAREI 2022

 Rapazada vémonos o sábado 7 de maio no Sementar Sementarei 2022 na Caracola con intercambio de sementes, talleres e sesión vermú a cargo de Improvisóns. Organiza Taller triscal.



sexta-feira, 8 de abril de 2022

ROCKMERÍA SIRADELHA '95

Hoxe lembrámonos da Rockmería da Siradelha '95 onde tocaron bandas como Ladilla Insumisa, Túzaros, Rapakús ou Dismal.

Fotos e anécdotas da xornada son benvidas. Graciñas a Xaco Salgado por recuperar o cartel.

afigheiradomeco@gmail.com



segunda-feira, 28 de março de 2022

1º ENCONTRO DE SOCIXS E SIMPATIZANTES: Agradecementos.

Gran xornada onte co concerto de A Revolta no 1º Encontro de Socixs e simpatizantes da Figheira Meco no Taller triscal. Graciñas a todxs por vir, non hai dúbida de que repetiremos!



terça-feira, 14 de dezembro de 2021

CUNCAS CONMEMORATIVAS DOS 10 ANOS DA FIGHEIRA DO MECO / FESTIVAL DA SIRADELLA

 Xa dispoñibles as cuncas conmemorativas dos 10 anos da Figheira Meco / Festival da Siradella ilustradas por Figue e impresas por @serigrafiameu pídenos a tua favorita a través de afigheiradomeco@gmail.com




quinta-feira, 25 de novembro de 2021

ILUSTRACIÓNS DE FIGUE

Desde o 2014 temos a sorte de contar con Figue ilustrando os carteis do Festival da Siradella, cal é a tua ilustración favorita? 😁🤘








quinta-feira, 30 de janeiro de 2020

1ª RECOLLA DE LIXO E PLÁSTICOS

Os ultimos temporales truxeron/devolveron moito plastico.., e urxente sacalo antes de que o mar o tape con area ou o leve de volta.. quen se anima a vir domingo as 11h pa unha recollida salvaxe ? Quedamos as 11h na playa da lanzada ( donde o restaurante ) e despois repartimonos.. traede bolsas da basura ( en plasico ou sacos de patatas )

terça-feira, 28 de janeiro de 2020

CONCERTOS POLO X ANIVERSARIO DA ASC. A FIGHEIRA DO MECO

Rapazada, o sábado 8 de febreiro ás 22h. na Casa da Cultura "Ángel Vázquez Hereder" comezamos co ciclo de concertos polo X Aniversario da Asc. A Figheira do Meco.




segunda-feira, 13 de janeiro de 2020

ASEMBLEA XERAL 2019

Rapazada, próximo sábado 18, Asemblea Xeral da A.C. Figheira do Meco a partir das 19h. no local da "Panadería de Rons". Saúde.

domingo, 22 de dezembro de 2019

HARDVALENTÍN VI

Anunciada xa a sexta edición do Hardvalentín, desta volta coa colaboración da AC A Figheira do Meco.