terça-feira, 23 de outubro de 2018

GRUPO DE GUERRILLA CONTRA A VESPA VELUTINA

Este sábado ás 18h. na de Iso (Meloxo18) reunión do grupo de guerrilla contra a vespa velutina. A idea é organizar un trampeo para atrapar o máximo número de raiñas antes de que inicien a hibernación.

E á noitiña concerto!

 

domingo, 2 de setembro de 2018

LAVAXEIRA BEACH SUMMEREND 2018

Este VENRES 7, segunda edición do LAVAXEIRA BEACH SUMMEREND, festa rachada! Festa e música na praia da Lavajeira, concretamente, debaixo do monte.

ENTRADA DE BALDE, EVENTO SEN ÁNIMO DE LUCRO.

Horario:
20h. John Lejon Band and Chiquillo.
21h: Último Intento.
22h: Indy Tumbita & the Voodoo Bandits.
23h: Los Vagos de Lalín.
00h: Inerttes.
01h: Xunta de Malisia.
+ Artistas convidados.


quinta-feira, 14 de junho de 2018

SAN XOÁN FAINO TI MESM@ 2018

Reunión o próximo domingo 17 ás 19h. en Meloxo 18 (a de Iso) para preparar a Festa de San Xoán.

quinta-feira, 7 de junho de 2018

IX FESTIVAL MONTE SIRADELLA: Agradecementos.

Rapazada, moitas gracias por apoiar este IX Festival da Siradella. Unha vez máis coa axuda de todxs fumos capaces de levalo adiante. Dúas noites tremendas con festa e concertos no monte Siradella. Graciñas, vémonos pronto!


quarta-feira, 30 de maio de 2018

IX FESTIVAL MONTE SIRADELLA: Orde dos concertos.

Orde dos concertos:

Venres 1 de Xuño (escenario aberto):

1º Último Intento (Punk Rock @ Vilagarcía).
2º The Four Mad Demons (Punk Rock @ Fonte Curuxa / Castrelo).
3º Xunta de Malisia (Punk Rock @ Fonte Curuxa / Castrelo).
4º Négome (Metal? @ A Revolta / Ogrobe).
5º Condena (Punk Hardcore @ O Morrazo).

Sábado 2 de Xuño ("rockódromo"):

1º Barbitúricos (Punk Rock @ Compostela).
2º Mancha Negra (Punk Oi! @ Porto / Portugal).
3º MAMÜT (Crust Punk @ Madrid).
4º The WAB (Brutal Punk @ Vigo).
5º Lóstregos (Black Metal @ A Coruña).

Concertos a partir das 22.30h.

GRUPO DE GUERRILLA CONTRA A VESPA VELUTINA

Cerrada xa a campaña de trampeo (Marzo - Abril - Maio) o reconto das velutinas caídas nas trampas superou as 300. Sendo o líquido máis productivo o 3º (zume de mazá e vinagre de mazá a partes iguais) seguido do 2º (viño blanco, zume de arándano e cervexa negra). Cabe destacar o 3º tamén como o máis económico.

En torno a outubro volveremos co trampeo, e durante o verán seguiremos informando do resultado de novas tácticas contra esta vespa.

quinta-feira, 24 de maio de 2018

IX FESTIVAL MONTE SIRADELLA: Socixs colaboradxs.

Graciñas a todxs os socixs colaboradorxs por seguir apoiando un ano máis o Festival da Siradella.


domingo, 13 de maio de 2018

IX FESTIVAL DA SIRADELLA: Pensións dignas. Punks not dead.

IX Edición do Festival da Siradella. Un dos últimos festis no monte de feituría enxebre que resiste na Galiza. Adicado un ano máis as músicas punk e metal.

Bandas convidadas nesta edición 2018:

Venres 1 de Xuño (escenario aberto): 
Xunta de Malisia + Négome + Condena + Último Intento + The Four Mad Demons.

Sábado 2 de Xuño (rockódromo): 
Barbitúricos + The WAB + Lóstregos + Mancha Negra + MAMÜT.

Concertos a partir das 22:30h.
Entrada de balde.
Monte Siradella, Ogrobe, (Pontevedra).
Organiza Figheira Meco Asociación Cultural.

Máis información:
IX Festival da Siradella
https://afigheiradomeco.blogspot.com/

Resistimos!


terça-feira, 1 de maio de 2018

IX FESTIVAL DA SIRADELLA: Venres escenario aberto.

Xa cerrado o cartel do sábado, aproveitamos para recordar que o venres o escenario queda aberto ós grupos locais que queiran vir tocar.

Teremos troula asegurada os dous días no Festival da Siradella!

👌🤘✊