quarta-feira, 20 de março de 2019

X FESTIVAL DA SIRADELLA

Amighxs, xa temos data para o X Festival da Siradella apuntade, 7 e 8 de Xuño. Saúde.

BANCO DE SEMENTES

Rapazada, o grupo de traballo do banco de sementes da Figheira do Meco Asc., reúnese tódolos MARTES e XOVES ás 18h. O lugar, a Carretera do Conde na horta antes do ferreiro. As quedadas comezan mañá xoves con reunión e refrixerio. 🤟😄

segunda-feira, 18 de março de 2019

PLANTA DE CARBALLOS NA SIRADELLA

Rapazada, mañá martes 19/03 ás 16h. a Figheira Meco organiza un grupo de traballo de cara unha planta de carballos no Monte Siradella (en concreto no recinto do Festival da Siradella). Acudide botar un cabo, teremos charla informativa e un refrixerio. Saúde.

segunda-feira, 18 de fevereiro de 2019

X FESTIVAL DA SIRADELLA

O próximo sábado 23 de Febreiro nova asemblea preparatoria do X Festival da Siradella (10 sic). Desta volta quedamos ás 19h na panadería de Rons. Saúde e Rock and Roll.

segunda-feira, 28 de janeiro de 2019

X FESTIVAL DA SIRADELLA

Rapazada, o próximo sábado 2 de Febreiro primeira asemblea para empezar a organizar o X Festival da Siradella (10 sic). Desta volta quedamos ás 18.30h na panadería de Rons. Saúde e Rock and Roll.

sexta-feira, 14 de dezembro de 2018

ASEMBLEA XERAL 2018

Este domingo 16 de Decembro, Asemblea Xeral da AC Figheira Meco, en Meloxo18 (A de Iso) contra as 19h.

quinta-feira, 29 de novembro de 2018

terça-feira, 23 de outubro de 2018

GRUPO DE GUERRILLA CONTRA A VESPA VELUTINA

Este sábado ás 18h. na de Iso (Meloxo18) reunión do grupo de guerrilla contra a vespa velutina. A idea é organizar un trampeo para atrapar o máximo número de raiñas antes de que inicien a hibernación.

E á noitiña concerto!

 

domingo, 2 de setembro de 2018

LAVAXEIRA BEACH SUMMEREND 2018

Este VENRES 7, segunda edición do LAVAXEIRA BEACH SUMMEREND, festa rachada! Festa e música na praia da Lavajeira, concretamente, debaixo do monte.

ENTRADA DE BALDE, EVENTO SEN ÁNIMO DE LUCRO.

Horario:
20h. John Lejon Band and Chiquillo.
21h: Último Intento.
22h: Indy Tumbita & the Voodoo Bandits.
23h: Los Vagos de Lalín.
00h: Inerttes.
01h: Xunta de Malisia.
+ Artistas convidados.