sexta-feira, 30 de março de 2018

GRUPO DE GUERRILLA CONTRA A VESPA VELUTINA

Mañá, sábado 31 de marzo, nova reunión do grupo de guerrilla contra a vespa velutina ás 18h. na de Iso (Meloxo 18).

sexta-feira, 23 de março de 2018

GRUPO DE GUERRILLA CONTRA A VESPA VELUTINA

Mañá, sábado, reunión do grupo de guerrilla contra a vespa velutina ás 18h. e ás 22h. concerto dos Herr Container na de Iso (Meloxo 18).

terça-feira, 20 de março de 2018

segunda-feira, 19 de março de 2018

domingo, 18 de março de 2018

GRUPO DE GUERRILLA CONTRA A VESPA VELUTINA

O trampeo da velutina comezou, colocamos arredor de sesenta trampas nas que repartimos tres liquidos distintos (1º Mel, viño blanco, cola e cervexa rubia; 2º Viño blanco, zume de arándano e cervexa negra; 3º Zumé de mazá e vinagre de mazá). O próximo sábado nova quedada ás 18h. en Meloxo 18 para revisar as trampas e facer reconto de vespas velutinas.

E hoxe ás 18h. primeira asemblea do IX Festival da Siradella, tamén en Meloxo 18 (A de Iso).

sábado, 17 de março de 2018

Preparando o IX Festival da Siradella 2018

Desde a Figheira Meco Asc. queremos explicar cal é a forma na que escollemos as bandas do cartel do sábado do Festival da Siradella.

Cada ano facemos unha asemblea na que primeiro eliximos as datas do festival, para logo votar unha lista cos grupos que se ofreceron (este e outros anos). De aí empezamos a chamar, se algunha banda non pode vir, seguimos avanzando na lista ata confirmar cinco.

Queremos deixar claro que todos os grupos cobran o mesmo e teñen as mismas condicións. Intentamos darlle un sitio de dormir tamén ós que veñen de máis lexos.

Agradecemos de antemán a todos os grupos que se ofrecen, que porsuposto quedan apuntados na nosa axenda para este e outros concertos. Para dar as mesmas oportunidades o sábado do festival non repetimos grupos.

http://afigheiradomeco.blogspot.com
afigheiradomeco@gmail.com

domingo, 11 de março de 2018

GRUPO DE GUERRILLA CONTRA A VESPA VELUTINA

Seguimos!

O próximo sábado 17 ás 18h. en Meloxo 18 nova reunión do grupo de guerrilla contra a velutina. Ollo que empezaremos xa co trampeo.

E o domingo 18 ás 18h. tamén en Meloxo 18 (a de ISO) primeira asemblea para a organización do IX Festival da Siradella.


domingo, 4 de março de 2018

GRUPO DE GUERRILLA CONTRA A VESPA VELUTINA

Onte foi unha xornada moi productiva no grupo de guerrilla contra a vespa velutina, discutimos sobre a estratexia a seguir e preparamos un monte de trampas.

A próxima quedada será o sábado 10 de marzo ás 17 horas en Meloxo 18 (A de Iso).

O obxetivo desta volta é repartirnos por zonas para a colocación e mantemento das trampas.

quinta-feira, 1 de março de 2018

GRUPO DE GUERRILLA CONTRA A VESPA VELUTINA

O sábado 3 de marzo, reunión do grupo de guerrilla contra a vespa velutina, ás 18h. en Meloxo 18 (A de Iso).

Traede botellas de plástico que aproveitaremos para facer un taller de trampas.