domingo, 8 de maio de 2011

Cronoloxía de actividades: NON AO CAMPO DE GOLF NA SIRADELLA.

Recollida de sinaturas. Comezada en Abril do 2011 pola “Plataforma Veciñal Non ao Campo de Golf na Siradella”, o “Colectivo Ecoloxista do Salnés” e “A Figheira do Meco” foi asinada en 6 meses por 3500 persoas. O 11 de Outubro dese mismo ano fíxose entrega dunha copia no rexistro do Concello de Ogrobe, asimesmo ese día colocáronse nos xardíns do Corgo 18 banderíns co lema 'Non ao campo de golf na Siradella!'

Concerto “Non ao campo de golf na Siradella!”, con Chotokoeu e Okeoh na Casa da Cultura, sábado 30 de Abril do 2011.

Concurso de fotografía "Non ao campo de golf na Siradella!", Maio do 2011.

Roteiro en defensa da Siradella, sábado 21 de Maio do 2011. Andaina e reflexión sobre os valores naturais, históricos e patrimoniais da Siradella.






CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "NON AO CAMPO DE GOLF NA SIRADELLA"






RECORTES DA PRENSA 2010