terça-feira, 1 de junho de 2010

Funcionamento do muiño.

A auga recóllese nos caldeiros que están situados na parte traseira do muiño, estes caldeiros énchense desviando a auga dun río que pasa polo lado.

Unha vez que o caldeiro está cheo a auga sae con forza pola viqueira que dirixe o chorro directamente contra o rodicio. Nalgúns muiños a viqueira tiña unha canle cunha corda atada á quenlla, de forma que cando non quedaba gran que moer a quenlla levantábase (por medio dun contrapeso), tirando pola corda e levantando a canle da viqueira. A auga era desviada e o rodicio deixaba de xirar.

 O rodicio está enriba da mesa e suxeitado polo arrán. A mesa únese co pau das cruces, que sube para a parte de arriba do muiño, por medio dunhas cuñas de madeira levántase a capa e regúlase o grosor da molienda do gran. Máis gordo para os animais, máis fino para facer pan.

O gran bótase na muega e este vai saíndo pouco a pouco pola quenlla, caíndo no burato que hai no medio da capa. A quenlla móvese por medio dun ferro que iba rozando a capa e a fariña vai caíndo ós lados. Cando se acaba o gran salta a quenlla, movendo a canle e parando o funcionamento do muiño.

Sem comentários:

Enviar um comentário