sábado, 17 de março de 2018

Preparando o IX Festival da Siradella 2018

Desde a Figheira Meco Asc. queremos explicar cal é a forma na que escollemos as bandas do cartel do sábado do Festival da Siradella.

Cada ano facemos unha asemblea na que primeiro eliximos as datas do festival, para logo votar unha lista cos grupos que se ofreceron (este e outros anos). De aí empezamos a chamar, se algunha banda non pode vir, seguimos avanzando na lista ata confirmar cinco.

Queremos deixar claro que todos os grupos cobran o mesmo e teñen as mismas condicións. Intentamos darlle un sitio de dormir tamén ós que veñen de máis lexos.

Agradecemos de antemán a todos os grupos que se ofrecen, que porsuposto quedan apuntados na nosa axenda para este e outros concertos. Para dar as mesmas oportunidades o sábado do festival non repetimos grupos.

http://afigheiradomeco.blogspot.com
afigheiradomeco@gmail.com

Sem comentários:

Enviar um comentário